X

Galicia, turismo rural e seguro. Reflexións sobre o Día Mundial do Turismo ante un ano incerto

25/09/2020

Galicia, turismo rural e seguro. Reflexións sobre o Día Mundial do Turismo ante un ano incerto

Este 27 de setembro volvemos celebrar o Día Mundial do Turismo e precisamente Costa da Morte faino posicionándose como un destino seguro para todas as persoas que se atreven a visitalo, tal e como destacou esta semana o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión coa directiva do Clúster de Turismo de Galicia.

Neste acto destacouse a importancia de Galicia precisamente como un destino seguro, nun ano no que todos os requisitos están marcados por este principio e o obxectivo era fortalecer a marca Galicia, e con ela a Costa da Morte, como destino de calidade no que non se perde a tranquilidade dos viaxeiros na situación actual.

Esta reactivación e énfase na confianza na nosa terra como destino seguro e competitivo está intimamente ligada a outro interesante debate que xorde, esta vez, da man da propia Organización Mundial do Turismo. E é que a OMT baixo o lema "Turismo e desenvolvemento rural" destaca este ano, en benvida ao Día Mundial do Turismo, nas capacidades e alto potencial que as áreas rurais teñen dentro do sector.

"Abrir oportunidades fóra das grandes cidades" é o novo reto que hai que afrontar e desenvolver comunidades esquecidas que teñen moito que ofrecer e contar. Deste xeito, "o turismo xoga un papel fundamental na preservación e promoción do patrimonio cultural e natural do mundo".

E é precisamente aquí, onde Galicia ten que poñer e porá todas as súas enerxías. Ao seguir coidando a súa singularidade, o seu patrimonio e as súas tradicións e ofrecéndoo no seu estado máis puro a todas as persoas que pasan por aquí ano tras ano e levan consigo unha gran experiencia turística calquera que sexa o día do ano que nos visitan.

Arquivado en:

NOVAS DE INTERESE Novas