X

Entrevista a María Mato, Técnica de Turismo de Laxe

Entrevista a María Mato, Técnica de Turismo de Laxe

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Laxe. Laxe está situado no noroeste de Galicia, no extremo occidental da Comarca de Bergantiños, en pleno centro da Costa da Morte. 

Laxe está íntimamente ligada ao mar e segue conservando o seu pasado agrícola e pesqueiro. 

Hoxe amosámosvos o concello dende o punto de vista de María Mato, Técnica de Turismo. Deixámosvos as mellores respostas: 

Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?

Os sentimentos son varios, dende tranquilidade, paz, satisfación, alegría, libertade... A Costa da Morte para min é un privilexio.

Tres motivos para descubrila

As súas praias, o seu patrimonio cultural, pasisaxístico e histórico e pola súa gastronomía.

En qué época do ano che gusta máis Costa da Morte e por que?

A Costa da Morte é encantadora en tódalas estacións, pero o verán fai dela algo único e brillante. 

Para os turistas que se animan a visitarvos fóra da tempada de verán, que experiencias non poden perderse?

  • As rutas de sendeirismo PR-G Laxe-Punta Ínsua, PR-G Laxe-Traba.
  • As rutas de sendeirismo nos Penedos da Pasarela e Traba.
  • As actuacións culturais na tempada Outono-Inverno.

Ademais da Praia dos Cristais, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?

  • As praias de Laxe, Soesto e Traba.
  • A furna da escuma.
  • A pedra dos namorados.
  • O solpor na estatua da Espera, preto do faro de Laxe.
  • As vistas dende o Monte Cornaceiras.
  • Os tres BIC´S, A igrexa Santa María da Atalaia, a igrexa de Santiago de Traba e o Arquivo fotográfico de Vidal no Museo do Mar en Laxe.
  • 17 de agosto O Naufraxio de Laxe declarada festa de interés turístico de Galicia. 
  • Semana Santa co Santo Enterro.
  • Festas patronais.
  • Os Milagres de Traba.
  • O día do Peñón.
  • O casco antigo.
  • Hoteis, hostais e as Casas de Turismo Rural, Bungalows.
  • O retablo da Resurreción de Santa María da Atalaia do século XV.

Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sinónimo de boa comida, algunhas recomendacións de pratos típicos para descubrir Laxe mediante o padal?

O marisco fresco da nosa ría, carne e os doces (un deles é a tortilla doce).

Que vos contan os que vos visitan? Que é o que máis lles apaixona da súa estancia en Laxe? E de Costa da Morte?

Os visitantes do noso concello coméntannos que é un pobo con encanto turístico e que merece a pena descubrir. Que é un pobo acolledor con praias de gran beleza e coa súa area fina. Con excelente materia prima e de boa calidade, que están orgullosos de poder veranear nunha das mellores praias urbanas de Galicia.

As túas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades náutico-deportivas?

Praia de Laxe, Soesto e Traba para amantes do Surf, kitesurf, Kayak. Porque son praias que se prestan a realizar a actividade nun espazo a mar aberto e outras nuns arenais máis recollidos. 

Para os amantes do sendeirismo... cal recomendas no teu concello? E cal é a túa preferida en Costa da Morte?

PR-G 70, PR-G 114 que son as rutas de sendeirismo do concellos e os Penedos de Pasarela e Traba. 

Que lugar cres que é o gran descoñecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?

Ten gran variedade. Unha selección de espazos naturais, pazos, muíños, igrexas, patrimonio, festas, gastronomía, cascadas, illas, praias... espazos maravillosos nos que merece a pena perderse, vir, coñecer, e gozar do noso encanto asalitrado. 

Onde atopamos a mellor posta de sol?

Na estatua da Espera, pretiño do faro e nas praias salvaxes de mar aberto e asalitradas como son a de Soesto e Traba. 

Arquivado en:

Entrevistas