X

Faro de Fisterra

Un dos elementos máis emblemáticos e coñecidos. Construído en 1853, é un referente mundial para a navegación e un dos puntos máis visitados da comunidade galega. Situado nas rocas do Cabo Fisterra, a 138 m sobre o nivel do mar, o seu alcance é de 57 km (31 millas mariñas). A súa sirena (máis coñecida pola "vaca de Fisterra") foi a primeira que se instalou en España, en 1889.

+información