X

Feira vinícola de viños galegos "Beber do país"

Feira vinícola de viños galegos "Beber do país"

Dende o Concello de Carballo temos o pracer de convidalos á feira vinícola de viños galegos "Beber do paísque se celebrará do 24 ao 26 deste mes de novembro en Carballo. Esta feira, que se instalará no primeiro andar do Mercado Municipal de Carballo, inclúe catas gratuíta de viños así como unha exposición e mesa redonda sobre os viños galegos.

A feira arrancará cunha mesa redonda ao redor do viño con posterior cata comentada o venres 24 ás 19.30h. de entrada libre.

O sábado de 12.00-14.30 e 18.00-20.30 e domingo de 12.00-14.30 celebrarase a exposición e catas de viños no Túnel do viñode entrada gratuíta pero con convite. Esta exposición permitirá que o público asistente poida ir catando as distintas variedades e elaboracións de cada unha das adegas participantes. Contará con enólogos e sumilleres que irán explicando os viños e dando orientacións de cata para aprécialos, o que permitirá coñecer de primeira man ás adegas. Poderás atopar diferentes bodegas da D.O. Monterrei, da D.O. Rías Baixas, da D.O. Ribeira Sacra, da D.O. Ribeiro, da D.O. Valdeorras, do I.X.P. Barbanza e Iria, do I.X.P. Betanzos, e do I.X.P. Ribeiras do Morrazo.

 

Arquivado en:

Novas