X

Fiot 26

Fiot 26

“Hai verdades que non poden ser reveladas, máis que a condición de que sexan descubertas”, di Nawal, a protagonista dunha das obras que conforman este FIOT (Incendios, Wajdi Mouawad).

No teatro atopamos un valioso aliado para o descubrimento da condición humana porque pon de manifesto o real e á vez, as súas contradicións, provoca a emoción e inspíranos para soñar e mesmo para actuar. O teatro é unha arma poderosa que, sen ser a realidade, explícaa desde o verosímil dunha ficción e busca a complicidade dos espectadores para recompoñela. Nesta edición poñemos a énfase nestas calidades da realidade e do teatro. Aínda que se nos presente con contundencia, o mundo é distinto ao que semella. Nada é o que parece. Na escena resalta a dualidade ou o carácter poliédrico da realidade, onde se desdebuxan os límites e se mesturan os opostos amor e odio, esperanza e desesperación, medo e valentía, angustia e felicidade…, e se confunden vítimas e verdugos, heroes e covardes…

+ Información

Arquivado en:

Eventos culturais