X

28 persoas afortunadas xa saben que pasaran unha experiencia inolvidábel en Costa da Morte

25/11/2020

28 persoas afortunadas xa saben que pasaran unha experiencia inolvidábel en Costa da Morte

Onte ao mediodía, a CMAT realizou o sorteo nas súas redes sociais dos 28 paquetes turísticos experienciais únicos e anunciou aos/ás gañadores/as correspondentes en devanditos perfís. O concurso, que se celebrou de xeito simultáneo en Instagram e Facebook, tiña como requisitos ser seguidor de Visita Costa da Morte e darlle a like a unha das publicacións. 

Os resultados de participación foron moi positivos, acadando unhas cotas de difusión e de implicación do público moi elevadas. Con máis de 900 participantes, onte chegou o momento de escoller a 28 agraciados/as. Actualmente, a CMAT estase a poñer en contacto con eles de xeito individual para notificarlles que son gañadores/as, xa que moi pronto poderán desfrutar do premio. A listaxe definitiva de gañadores poderase consultar tamén na web proximamente.

Os paquetes están deseñados para desfrutar durante unha fin de semana da Costa da Morte e as datas fixadas de cada un van entre decembro e finais de marzo de 2021. Na nosa web pódese atopar unha completa descrición de que inclúe cada premio, todos eles sustentados en empresas pertencentes a APTCM, incluindo restauración, actividades de turismo activo e aloxamentos. 

Esta actividade, contemplada dentro da estratexia da CMAT para promocionar o xeodestino no ano 2020 conta ca participación da axencia de viaxes da Costa da Morte Naturmaz Viaxes e é posible grazas ao co-financiamento de Turismo de Galicia. 

 

 

Arquivado en:

Novas