X

Hoxe, 5 de xuño do 2019, atopámonos en Cidade da Cultura festexando o 25 aniversario do Centro Superior de Hostalería de Galicia

05/06/2019

Hoxe, 5 de xuño do 2019, atopámonos en Cidade da Cultura festexando o 25 aniversario do Centro Superior de Hostalería de Galicia

Esta celebración enmarcada na na 3ª edición de HotelForum, foro impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo para afondar nos retos e oportunidades do sector hoteleiro galego cara ao Xacobeo 2021e na que participan estudantes e profesionais do sector turístico, así como do hostaleiro, contribúe á materialización de desafío e oportunidades que ofrecen a chegada de novas tecnoloxías como o Big Data fronte aos medios de vendas tradicionais, así como a definición de necesidades específicas para os diferentes tipos de viaxeiros e creación de novos modelos de oferta, entre outros puntos relevantes.

O acto componse de varias mesas redondas e exposicións de diferentes relatores entre os que se atopa Annia Gonzar, do Hotel Bela Fisterra e Hostel Bela Muxía.

 

O programa componse de:

  • Comercialización hostaleira.
  • Acto central do 25º Aniversario do Centro Superior de Hostalería de Galicia Entrega ao CSHG do “Premio á Escola de Referencia” da Asociación Catalá de Xornalistas e Escritores de Economía e Turismo “Rede de xornalistas de Turismo” por 25 anos formando e descubrindo talento na hostalería.
  • Xestión da diversidade nos establecementos hostaleiros.
  • A evolución do produto hostaleiro.
  • O peso da xestión económica e financeira na toma de decisións da empresa.

 

Máis información sobre o acto en:

http://www.cshg.gal/index.php/es/portada/noticias/735-el-celebra-su-25-aniversario-el-5-de-junio-en-la-ciudad-de-la-cultura-debatiendo-sobre-los-retos-y-oportunidades-del-sector-hotelero-gallego

Descripción