X

Igrexa de San Fins de Anllóns

Igrexa de San Fins de Anllóns

A igrexa de San Fins de Anllóns é de estilo barroco, aínda que a súa orixe é románico.
Da súa primitiva construción conserva o seu sinxelo pórtico con capiteis corintios, os canecillos que sobresaen do beirado lateral, o pavimento do atrio e o presbiterio que gorece un retablo barroco. Tamén é barroca a espadana que acolle as famosas campás de Anllóns.
Eduardo Pondal, o poeta de Bergantiños, referíase a e estas campás no seu poema máis coñecido ?A Campá d´Anllóns? publicado en galego en 1862, un poema que suspira pola patria perdida.

"Campá, se polo verán
ves lumiar na Ponteceso
a cachela de San Xoan
dille a todos que estou preso
nos calabozos de Orán"