X

II Feria Naútica de Camariñas

II Feria Naútica de Camariñas

Segue avanzando a II Feira Náutica de ocasión de Camariñas (FENAUCAM 2018). Esta semana, o Club Náutico de Camariñas chegaba a un acordo con Abanca para que a entidade financeira colabore neste evento, que coloca o sector náutico costeiro no panorama nacional. O representante do Club Náutico de Camariñas, Martín Castiñeira Pérez, asinou este convenio de cara á segunda edición da Feira, que se celebrará os próximos días 22, 23 e 24 de xuño nas instalación do Club Náutico e na zona de Portos de Galicia. Haberá unha carpa de entre 1.100 e 1.300 metros cadrados para acoller os distintos espazos comerciais das empresas participantes e onde se celebrarán as diferentes presentacións, exposicións, charlas e conferencias. Con esta colaboración, ABANCA e o Club Náutico de Camariñas alíanse para que este evento, xa de carácter internacional, poida seguir crecendo e sumando na súa segunda edición, e consiga converterse nun referente do mundo náutico a todos os niveis nos próximos anos.