X

II Ruta de Pinchos do Outono en Laxe

II Ruta de Pinchos do Outono en Laxe

Un total de 11 establecementos de hostalería de Laxe participan na que será a II Ruta de Pinchos do Outono: Mar de Fondo, O Bocho, Cervecería de Laxe, Áncora, O Recodo de Antía, Zurich, O Escaravello, A Diario, O Reino de Loki, O Ben Me Sabe, Villa de Laxe. A ruta celebrarase o sábado 18 pola mañán de 12.00 a 15.00 h, e pola tarde de 20.00 a 23.00 h, e o domingo 19 pola mañán de 12.00 a 15.00. Cada establemento elaborará un pincho co que optará ao 1º, 2º e 3º galardón do xurado profesional formado por Óscar Souto Ures, xerente-cociñeiro do Restaurante A Cunca (Buño) e Marisol Martínez Mato, cociñeira do Restaurante Mar de Ardora (Cabana de Bergantiños).

Tamén haberá un galardón especial ao mellor pincho que outorgará o público. Os pinchos serán presentados á prensa e á valoración do xurado profesional, o xoves 16 de novembro ás 18 horas no Museo do Mar. Según o acordado polos negocios o prezo do pincho será de 1,5 €, e permitirá participar no SORTEO de varios agasallos. Entre eles, tres vales de compra no comercio e hostalería locais, por importe de 100, 75 e 25 euros. Para participar nestes sorteos é necesario cubrir seis selos distintos entre os locais participantes na ruta, e depositar as tarxetas cubertas nos buzóns dispoñibles en calquera dos 11 establecementos. O sorteo de agasallos para o público e a entrega de galardóns ós negocios celebrarase o domingo 19 ás 20.00 horas no Polideportivo Municipal, no marco da celebración do tradicional Magosto Popular. Para acompañar a ruta de pinchos circulará o TREN TURÍSTICO durante as mañáns. Haberá animación musical a cargo da Banda de Gaitas Maruxía, Pandereteiras Pandora e Batukada Trikitrakes.