X

Mob´18

Mob´18

A Mostra da Olería de Buño xorde para dar visibilidade á tradición artesá viva en Buño durante séculos e para sacar a relucir o traballo dos nosos oleiros. Nesta XXXV edición a creatividade convértese no eixe vertebrador de dez días cheos de artesanía, rutas, degustacións, exposicións, concertos, sesións dj e moitas sorpresas máis.

O venres 20 de xullo as 17:30h abriremos as portas da XXXV edición da Mostra da Olería de Buño. Parécenos un número o suficientemente redondo como para festexar que levamos moitos anos nisto. Por iso, temos algunha que outra sorpresa que vos diremos nos vindeiros días. Un  ano máis, a inauguración irá dinamizada cunha actuación de música e baile tradicional a cargo de AC Raigañas Cerqueda. Como cada ano, un dos momentos máis esperados da MOB é a recreación da Cocedura Tradicional no Ecomuseo Forno do Forte. Este ano será o sábado 21 de xullo e aquí podedes ver os horarios do que será unha edición moi especial, xa que celebraremos a XX Cocedura Tradicional!