X

O brinde con máis esencia volve a Mazaricos

O brinde con máis esencia volve a Mazaricos

O 31 de decembro ás 16.45h na Casa da Cultura de Mazaricos volverase brindar con leite. É a cuarta convocatoria deste acto que irá precedido pola Carreira do Leite (San Silvestre) na que aínda hai prazo para anotarse no 981 86 71 09. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro explica que “despedimos o ano brindando con leite para homenaxear a vocación agrogandeira do Concello e para continuar a demostrar orgullo do noso”.

Por outra banda, o Concello ten en marcha a campaña “Pasa o Nadal en MZ”. Nela sortearase unha fin de semana de turismo a gastos pagos no Concello. Para participar nela as persoas interesadas deben fotografiarse co Belén de eucalipto instalado enfronte do Concello e subir a foto ás súas redes cos hashtags #nadalmz e #mazaricos. Logo farase un sorteo entre todas as presentadas. Paralelamente, tamén está a funcionar a campaña de comercio local. As persoas que merquen nos establecementos da vila recibirán rifas de balde polas que entrarán nun sorteo de 10 vales de 50€ para gastar en negocios de Mazaricos.

O 5 de xaneiro volverá a tractorgata na que as Súas Maxestades tirarán caramelos desde tractores antes de atender ás nenas e nenos na Casa de Cultura.

Arquivado en:

Novas