X

O Concello de Carnota presenta "Carnota é Túa!!".

O Concello de Carnota presenta "Carnota é Túa!!".

 
O vindeiro venres día 16 de febreiro farase a presentación oficial da nova campaña de comunicación e promoción turística do Concello: "CARNOTA é tua!" o evento terá lugar ás 20:00 no edificio da Lonxa Vella (Portocubelo, Lira). Na presentación estrearase o novo vídeo institucional e turístico de Carnota, a renovación da páxina web oficial, a presentación das redes sociais e o material impreso de promoción turística. Ao evento asistirá o equipo de goberno, o equipo técnico e artístico do vídeo e varios representantes institucionais: Xosé Regueira, Deputado de Turismo (Deputación da Coruña), e Juan José Blanco, Presidente do Consorcio de Turismo da Costa da Morte. Ademais, ao final, contaremos coa actuación especial de Alonso Caxade, responsable da banda sonora orixinal do vídeo.