X

O Concello de Carnota programa tres "Andainas Saludables" para os meses de decembro e xaneiro.

O Concello de Carnota programa tres "Andainas Saludables" para os meses de decembro e xaneiro.

O Concello de Carnota organiza as seguintes andainas saudables por algúns dos lugares máis emblemáticos do municipio:

Ruta 1: Casetas mariñeiras-Camiño dos Costados. Ruta circular con inicio e fin nas escolas de Caldebarcos. O percorrido transcorre nun principio pola beira do mar, observando as casetas de mariñeiros e as antigas fábricas de salgadura, para logo atravesar a costa ata a praia da Insuela. Deseguido internarémonos en Panchés e ascenderemos ata Chan de Lamas, onde podemos ver e tocar o Monte Pindo. Está prevista unha pequena parada Onde se Adora para repoñer forzas e desfrutar das vistas. O retorno farase polo Camiño dos Costados ata chegar ao punto de partida.A organización pon a disposición das persoas participantes as duchas da escola de Caldebarcos.  O prazo de inscrición está aberto ata o mércores antes de cada andaina. As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación.

 

Powered by Wikiloc

Arquivado en:

Novas