X

O Concello de Vimianzo programou máis de 30 actividades para o Nadal

28/12/2017

O Concello de Vimianzo programou máis de 30 actividades para o Nadal

A próxima o día 30 de decembro está programada a representación teatral "O lobo e a lúa" de Baobab teatro. O 31 de decembro pola tarde terá lugar a Festa Infatil de Fin de ano con hinchables e animacións. O día 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán todas as parroquias do Concello.Pecharán o seu percorrido ás 20:00 h na Casa da Cultura. O mesmo día 5 ás 21:00h no Auditorio terá lugar o Concerto de Reis das escolas de música municipais. As actividades pecharanse o día 7 de xaneiro coa IX edición do Duatlón-cross de Reis polas terras da parroquia de  Salto.

Arquivado en:

Novas