X

O GDR invirte máis de 600.000 euros na financiación de once proxectos na Costa da Morte

O GDR invirte máis de 600.000 euros na financiación de once proxectos na Costa da Morte

A xunta directiva do GDR Costa da Morte acaba de dar a coñecer a proposta de proxectos presentados ata o pasado 31 de marzo para as solicitudes de axuda. No ámibito de proxecto productivos seleccionaron seis proxectos que ascenden a un investimentdo de 1.527.128,10€. A axuda concedida en total é de 509.070,70€. En canto aos proxectos non productivos de concellos o investimento total dos tres proxectos ascente a 111.952,02€ e a axuda concedida 86.714,75€.

A xunta do GDR tamén aprobou dous proxectos non productivos de asociacións que supoñen un investimento de 149.849,01€ e a axuda concedida 71.978,18€. En lista de agarda quedaron outros 15 proxectos productivos e 1 non productivo de asociacións. E por diversos motivos excluíronse 15 proxectos. Para máis información consulta a seguinte ligazón https://www.gdrcostadamorte.com/