X

O V Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay repartirá máis de 5.000 euros en premios.

O V Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay repartirá máis de 5.000 euros en premios.

O V Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, celebrarase do 4 ao 7 de abril de 2018, as persoas que queiran participar poden facelo ata o 18 de febreiro na web carballointerplay.comO Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay estrea xornada profesional na súa quinta edición, que celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril.

Evento pioneiro dende o seu nacemento no 2014 como primeiro festival de webseries do Estado, o CIP mantén unha evolución constante, sempre atento ás novas linguaxes e xeitos de entender a narración e a cultura audiovisual na rede. Así, este certame audiovisual único, tanto no panorama autonómico como no estatal, integrará este ano unha serie de actividades e espazos pensados para conectar a creadores e creadoras coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación que están apostando no Estado polos contidos dixitais de creación propia.

Xa confirmaron a súa presenza no Día PRO do Interplay -o xoves 5 de abril- marcas tan significativas como FLOOXER (Atresmedia), MTMAD (Mediaset), PLAYZ (RTVE Digital), CRTVG ou Playground, entre outras. Tamén virán a Carballo representantes das principais asociacións do sector en Galicia -como o Cluster do Audiovisual, AGAG ou CREA- e directores e directoras e programadores e programadoras de festivais de series dixitais estatais e internacionais, co obxectivo de definir unha terminoloxía común para este tipo de producións. Finalmente, habilitarase un espazo de encontro que fomente o contacto, a través de citas profesionais, entre os creadores e creadoras de series dixitais e as plataformas e produtoras asistentes. As persoas desexen presentar as súas webseries ou proxectos de webserie á sección oficial do Carballo Interplay e optar aos máis de 5.000 euros en premios que repartirá o Festival  teñen que inscribirse antes do 18 de febreiro a través da web www.carballointerplay.com.