X

O vindeiro martes desenvolverase en Carballo un Seminario destinado a traballar na creación de propostas e modelos de negocio no ámbito da hostalería e o turismo.

O vindeiro martes desenvolverase en Carballo un Seminario destinado a traballar na creación de propostas e modelos de negocio no ámbito da hostalería e o turismo.

 Trátase dun Seminario enfocado tanto a empresas xa existentes como a emprendedores/as, no cal se identifican as bases sobre as que os negocios crean, proporcionan e captan valor, así como posibles áreas de mellora e vías de diversificación. Por medio dunha sesión moi dinámica, con casos prácticos en grupos e unha duración de 8 horas nun só día, analízanse o mercado, os clientes, os produtos ou as canles de comercialización.

Cando: martes 31 de outubro de 2017.
Onde: Forum de Carballo. Praza dous Bombeiros Voluntarios, s/n. 15100 Carballo
Como: mediante o emprego de casos prácticos baseados en empresas reais e a metodoloxía do Canvas, ferramenta que fomenta a comprensión, o debate, a creatividade e a análise.
Para quen: empresarios/as, profeisionales e emprendedores/as do sector hostaleiro ou turístico.
Con quen: José Manuel Suárez e Pablo Domínguez Fariña, de Iuni Consulting, expertos en consultoría turística e apoio a proxectos no sector servizos.
Inscrición
Custo: seminario gratuíto.
Horario: de 9 a 14h. e de 15:30 a 18:30 h.
Este Seminario intégrase no Plan de Formación do Clúster de Turismo de Galicia, dirixido a mellorar as capacidades e cualificación profesional dos perfís directivos do sector. Conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e consta de máis de 300 horas de capacitación, que se desenvolverán ao longo de toda a xeografía galega. A súa organización foi posible grazas á colaboración do Concello de Carballo e de Costa da Morte, Asociación de Turismo CMAT

Más información...

 

Arquivado en:

Novas