X

Os produtos de Mazaricos volven deslumbrar no Salón Internacional de Turismo Xantar

Os produtos de Mazaricos volven deslumbrar no Salón Internacional de Turismo Xantar

O Concello de Mazaricos volve presentar os seus produtos gastronómicos no Salón Internacional de Turismo Xantar, en Ourense. Aproveitando o tirón da cita, o Concello presentou o cartel da XX Edición da Festa do Bolo do Pote, que será o 3 e o 4 de marzo. A Asociación de Amas de Casa e Manuel Carreira, o chef do Asador Manduca, levaron a cabo un showcooking ante un foro ateigado de xente. As persoas asistentes puideron degustar os bolos de pote, a carne de Mazaricos e o particular pan que se produce no municipio, cualificado polo alcalde, Juan José Blanco Riveiro como “o mellor do mundo”.

A carne de vaca vella foi todo un éxito coas explicacións de Carreira. Tras a degustación levouse a cabo unha exposición durante toda a tarde no stand da Deputación da Coruña do pan e os bolos do pote, xunto co cartel da festa e a publicidade dos establecementos hostaleiros do Concello.