X

Programación cultural para público adolescente/adulto no Concello de Carnota.

Programación cultural para público adolescente/adulto no Concello de Carnota.

Se sempre tivemos unha programación ampla para público infantil, agora queremos que os maiores tamén poidan ter os seus “venres lúdicos” (que así é como se chama un programa noso para rapazada) coas nosas "Noite Espectaculares":

- Venres 2 de novembro ás 20:00 h: Monólogo de Quico Cadaval con “Os inocentes”, dentro da programación da Rede Cultural.

- Venres 14 de decembro ás 20:00 h: Proxeción da película Sicixia, de Ignacio Villar.

- Venres 28 de decembro ás 20:00 h: Teatro Os Quinquilláns con “Language Planning”, dentro da programación da Rede Cultural.

- Venres 11 de xaneiro ás 20:00 h: Teatro con Isabel Risco, “Nabiza Girl”, dentro da programación da Rede Cultural.