X

Rexenerafest 2017

Rexenerafest 2017

Rexenera Fest 2017 será o 3º Festival Internacional de Arte Pública de Carballo.

Esta segunda edición tivo lugar do 29 de maio ao 4 de xuño de 2017, na que voltaremos a reunir unha coidada selección de 9 artistas provintes de distintas nacións, que intervirán en nove paredes de grande formato esparexidas polo casco urbán. Os convidados este ano son Curiot (México), Sekone (Galiza), Jorit (Italia), AnimalitoLand (Arxentina), Isaac cordal (Galiza), Cintaidal (Catalunya), Nada (Galiza), Saturno (Catalunya) e Yoseba MP (Galiza).

O proxecto pretende reunir cada ano ao mellor da escea galega, estatal e internacional do mundo da arte urbana, para así facer da nosa vila un gran museo ao aire libre que irá medrando ano tras ano. O festival serve como unha xanela de Carballo aberta ao mundo, que sitúa no mapa a vila a través das súas rúas e favorece un turismo cultural diferente na zona urbana do concello.

Rexenera Fest actúa en cada edición como un axente rehabilitador contra o feísmo urbanístico e utiliza as rúas como un espazo de diálogo e de expresión artística. Rexenerando espazos deteriorados, achegando valor engadido á paisaxe urbanística, dinamizando o tránsito peonil e expandindo os espazos de lecer nas zonas nas que se está a intervir.

Durante unha semana, outro ano máis os/as artistas participantes estarán traballando en distintas localizacións, ás que os veciños, veciñas e visitantes poderán achegarse e apreciar a habilidade e todo o proceso artístico de cada obra.

Ademáis este seguimos complementando a programación e contaremos con outras actividades paralelas durante toda a semana, nas que o público poderá participar de xeito activo e a custe cero: Master classes, conferencias, concertos e un roteiro guiado.

Arquivado en:

Eventos culturais Festas e gastronomía