X

Semana Santa Fisterra

Semana Santa Fisterra

A Semana Santa da vila de Finisterre, declarada como de Interese Turístico Nacional, consta de 5 días de representacións cos seus diferentes actos representativos, litúrxicos e procesionais, nos que o pobo se volva asumindo cada un o seu posto e o seu papel para dar vida á Paixón, Morte e Resurrección de Cristo.

 

A vila do Cristo da Barba Dourada cuns case 5000 habitantes vístese de Paixón para celebrar a súa Semana Santa. Uns 500 penitentes, outros tantos portadores, organizadores, personaxes viventes,... O pobo enteiro entrégase a esta tradición arraigada desde o S. XIV. Moita xente traballa todo o ano para que as imaxes vistan os seus mellores galas, os portadores, tronos, traxes dos personaxes viventes, etc. A Semana Santa de Fisterra atesoura un dos patrimonios máis valiosos do mundo, co Cristo da Barba Dourada do s. XIV; a implicación de todos os fisterranos nas celebracións, o fervor co que se vive no pobo e o orgullo que senten de formar parte desta celebración tan íntima e tan universal. A tradición, a fe, a devoción, a cultura e unha singularidade única únense na Semana Santa Fisterrá. As procesións son únicas, onde a xente participa desde o principio ata o final, non son desfiles procesionais senón procesións nas que se pode participar completamente.

 

A Semana Santa da vila de Fisterra, sen dúbida, é unha das celebracións máis grandes de toda Galicia que se realizan nestas datas. O trazo principal que a caracteriza e a diferenza das outras Semanas Santas que podemos atopar na comunidade é que a maior parte dos actos son representacións realizadas polos propios fisterráns de carne e óso, seguindo textos de orixe inmemorial, algúns datados da Idade Media, que se entregan con fervor á organización e celebración da nosa Semana de Paixón, motivo de orgullo dos fisterráns desde hai séculos. Son os habitantes de Fisterra os mesmos que representan aos apóstolos na Última Cea, na Oración do Horto, xudeus que prenden a Jesús, Marías que lle acompañan no acto do Desencravo, e as Confrarías que participan vestindo á súa imaxe e procesionando en cando momento da Semana Paixón.

 

É curioso, ademais, que gran parte dos participantes sexan xente nova, algo que contrasta co que acontece noutras vilas e pobos galegos, onde as celebracións relixiosas han quedado relegadas á xente maior. O marco incomparable onde se desenvolven a maioría das celebracións gravita ao redor da igrexa Parroquial de Santamaría das Areas, declarado Monumento Histórico-Artístico no ano 1985. A calidade e variedade das celebracións, conseguen atraer a decenas de miles de visitantes, interesados no valor relixioso, artístico e etnográfico dos eventos.

 

Cada día, cada ano crece mais o traballo e devoción para que a cultura de Fisterra non se perda. Os actos con personaxes viventes son únicos. Poucas Semanas Santas aúnan personaxes viventes con imaxes de mais de 2 séculos de historia. É unha Semana Santa única recoñecida en Galicia como unha das máis importante xunto a Viveiro e Ferrol que xa foron declaradas de Interese Turístico Internacional. A xente que chega ás nosas terras en Semana Santa queda perplexo do traballo, a devoción, a organización e a participación das xentes de Fisterra.

 

Se de algo esta orgulloso Fisterra é da súa Semana Santa e do alto grao de participación que ten por parte das súas xentes. Podemos destacar a xente nova. Os pasos (véxase fotos) están portados na súa maioría por xente nova que non sobe dos 35 anos. Exceptuando o Santo Sepulcro e o Divino Nazareno que é a Confraría con xente máis maior. O resto está composta de xente nova que coordina, organiza, dirixe e porta os seus pasos e imaxes.

 

Arquivado en:

Festas e ferias