X

Torres do Allo despedirá un outubro de intensa actividade cultural coa derradeira MONOGRAFÍA DO ALLO.

Torres do Allo despedirá un outubro de intensa actividade cultural coa derradeira MONOGRAFÍA DO ALLO.

A aposta por ofrecer durante os sábados de outubro un programa cultural de calidade vinculado ó pazo da man dos mellores especialista, ten unha excelente acollida nas Torres do Allo. Recoñecidos expertos, veciños e visitantes achéganse o pazo zaense para dar boa conta das interesantes MONOGRAFIAS DO ALLO.


Despois das intervencións do consagrado arquitecto galego Iago Seara o 14 de outubro e a do eminente Catedrático Bioloxía Xeoloxía, Xosé A. Fraga o pasado sábado; o próximo sábado 28 de outubro ás 17h. será a derradeira MONOGRAFÍA DO ALLO a cargo de Xosé Mª Lema, Catedrático de Xeografía e Historia, doutor en Historia da Arte e presidente do Seminario de Estudos da Costa da Morte (SEMESCOM). A través da súa conferencia “Notas sobre os pazos e casas fidalgas da Costa da Morte” coñeceremos o valor e singularidade das xoias patrimoniais da comarca. Os asistentes terán a posibilidade ó finalizar a conferencia de asistir a unha visita guiada pola contorna do pazo e entender o papel que xoga cada un dos elementos naturais, etnográficos e relixiosos que a compoñen.
A maiores, e como é habitual, durante toda a fin de semana teredes moitas e diferentes opcións para de forma lúdica e distendida acercarvos ó pazo do Allo: Tódolos días en horario de apertura: Visitas libres, onde poder visitar o pazo e o seu entorno de maneira autónoma. 

Arquivado en:

Novas