X

Saúdo do Presidente

Estimado (visitante, veciño, profesional, empresario),

 

Son Juan José Blanco Riveiro, presidente da Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT), e quero darche a benvida a este espazo virtual, unha ferramenta que ofrece toda a actualidade turística da Costa da Morte.

A CMAT constitúese en maio de 2015 como unha asociación sen ánimo de lucro con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar que integra aos diferentes axentes locais, públicos e privados. Actualmente está comporto por dezaseis concellos (A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo, Zas ), asociados en representatividade pública, e pola Asociación de Profesionais do Turismo de Costa da Morte (APTCM) en representatividade do sector turístico privado.

 

Ten como obxectivo primordial a promoción e ordenación do turismo de Costa da Morte; proxectar a imaxe da Costa da Morte no exterior como destino de calidade, aumentando o impacto económico do turismo no noso municipio e sensibilizando á poboación local da importancia do turismo para toda a comunidade.

En 2018, deseñamos o noso Plan de Acción para o Turismo de Costa da Morte 2019 – 2021, a nosa ferramenta de xestión para o desenvolvemento e a promoción turística do territorio a través da colaboración de todos os seus axentes implicados. O seu liderato correspóndelle á nosa entidade, como principal ente de xestión e maior representante do sector turístico público e privado do destino.  Os nosos 5 principais retos son:

  • Ser un destino turístico recoñecido pola súa calidade.
  • Contar cun modelo de desenvolvemento turístico sostible a nivel económico, ambiental e social.
  • Acadar un maior equilibrio dos fluxos turísticos, tanto a nivel territorial coma ao longo do ano.
  • Contar cun tecido turístico máis unido e coordinado.
  • Consolidar a marca turística Costa da Morte a nivel rexional, nacional e internacional.

 

Para nós, será de especial importancia apoiar as iniciativas ligadas aos nosos produtos turísticos máis importantes que contribúen a acadar os nosos retos: turismo activo e de aventura, turismo náutico, turismo mariñeiro, turismo cultural, Camiño de Santiago, turismo de surf, turismo negro, turismo de natureza, turismo gastronómico, turismo ornitolóxico e turismo deportivo.

Entre as nosas actividades, destacan aquelas que relacionadas cos nosos principais eixos de actuación:

  • Xestión, comunicación e cooperación institucional.
  • Competitividade e calidade.
  • Deseño e promoción de produtos turísticos estratéxicos.
  • Comunicación e posicionamento de marca e destino.

 

Nesta páxina web poderás atopar todo o necesario en materia turística, así como cursos de formación, xornadas formativas, información de interese para os profesionais do sector, información acerca do desenvolvemento de novos produtos turísticos ou os proxectos realizados nos últimos anos na Costa da Morte. Estas accións están orientadas a incrementar a profesionalización do sector, de promoción da calidade da oferta turística e de colaboración co empresariado local.

 

Un saúdo e grazas pola vosa confianza, estou á vosa enteira disposición,

Juan José Blanco Riveiro

  • Rutas coa Moura
  • summer
  • Al Mal Tiempo #CostadaMorte
  • Experiencias Turismo Activo