X

Como ser socio

Segundo a LEY ORGÁNICA 1/2002, de 22 de marzo, que regula o Dereito de Asociación, poderán formar parte da CMAT os concellos e aquelas persoas xurídicas de agrupación, federación ou confederación de empresas hostaleiras ou turísticas, cuxo ámbito de actuación abarque a totalidade do Xeodestino, que teñan presenza na maioría dos concellos deste territorio e que teñan interese no desenvolvemento dos fins da Asociación ou os concellos pertencentes ao territorio.

A solicitude de ingreso farase mediante un escrito, dirixido ao presidente, no que se manifeste a vontade expresa de adherirse á asociación e o compromiso coa consecución dos fins estatutarios. Debe achegar ademais un acordo co órgano competente da entidade, que exprese a vontade de ser asociado e a persoa que o/a representará na asociación. A solicitude trasladarase á Xunta Directiva, que resolverá nun prazo non superior a dous meses desde a súa recepción. A Xunta Directiva poderá solicitar canta documentación estime oportuna para a resolución do ingreso.

 

 

 

Se desexa formar parte da CMAT, por favor, contacte con nós a traves do seguinte enlace: