X

Composición e funcións

Composición actual da xunta directiva:

  1. Presidente: Manuel Muíño Espasandín (Alcalde de Zas)
  2. Vicepresidenta: María Lema (Concelleira de Turismo de Dumbría)
  3. Secretario: Pepe Formoso (Presidente APTCM)
  4. Tesoureiro: José Muíño (Alcalde de Cabana)
  5. Vocal: Áurea Domínguez (Alcaldesa de Fisterra)
  6. Vocal: Juan Carlos García (Alcalde de Coristanco)
  7. Vocal: Damián Álvarez (secretario de APTCM)
  8.  

Funcións:

As principais funcións da CMAT, de acordo cos seus Estatutos son:

  • Promocionar o destino turístico Costa da Morte
  • Mellorar a calidade e a innovación permanentemente en servizos e produtos turísticos, desenvolvéndoos con criterios de sostibilidade.
  • Consolidar e ampliar a oferta cara aos segmentos con maior potencial de crecemento do turismo para afrontar con éxito o desenvolvemento global do sector da comarca.
  • Fortalecer e ampliar a oferta turística da Costa da Morte para afrontar con garantías os retos e oportunidades dos segmentos turísticos consolidados.
  • Contribuír ao desenvolvemento económico e social na súa zona de actuación, facilitando unha estrutura de concertación, cooperación, asesoramento e apoio directo que lle permita.
  • Recadar a colaboración dos poderes públicos, suscitar a materialización e proxectos de desenvolvemento turístico no marco das convocatorias de ámbito autonómico, estatal e da Unión Europea.
  • Participar naquelas iniciativas e programas locais, autonómicos, estatais ou comunitarios que se convoquen que poidan ser de interese para a asociación

.

Actividades:

Para o cumprimento dos obxectivos da CMAT,  realízanse, entre outras, as seguintes actividades:

  • Edición de catálogos e material promocional en varios idiomas.
  • Promoción entre tour-operadores para dar a coñecer a oferta existente no destino turístico a través do reparto de material promocional e “Fam-Trips”
  • Asistir a feiras turísticas estatais e internacionais.
  • Garantir a presenza en medios a través da inserción de anuncios en medios de comunicación de masas e publicacións especializadas estatais e internacionais.
  • Invitar a xornalistas especializados e outros prescritores de repercusión mediática.
  • Completar a información recollida na páxina web.
  • Promover unha oferta de calidade en aloxamentos e restauración a través da formación do empresariado (calidade, Internet, etc.).
  • Poñer en marcha e incentivar a creación de paquetes turísticos multiempresa.
  • Promover unha oferta diversa a través do apoio á creación de empresas turísticas.
  • Mellorar a cualificación do persoal e promover o emprego estable no sector turístico.
  • Concienciar a poboación comarcal sobre a importancia do turismo na Costa da Morte.
  • Desenvolver unha actividade turística con criterios de sustentabilidade e respecto ao medio ambiente.
  • Ampliar o número de visitantes da Costa da Morte grazas ao turismo provinte doutras áreas de Galicia.
  • Desenvolver as posibilidades do turismo mariñeiro, natural e cultural.
  • Potenciar Costa da Morte como destino de “city breaks”(visita de fin de semana).
  • Promover o desenvolvemento doutros segmentos (turismo de aventura, familiar, etc).
  • Fortalecemento e posta en valor da oferta patrimonial e cultural da Costa da Morte.
  • Ampliar e diversificar a oferta cultural baseada no patrimonio inmaterial.