NOVAS DE INTERESE
CONTIDO MÁIS SECCIÓNS NOVAS E LIGAZONS
A experiencia completa de Alvientooo en Costa da Morte, xa dispoñible no seu blog
Xa podes ler no blogue de Alvientooo -e nas ligazóns que compartimos a continuación- o resumo da viaxe que realizou fai uns días por Costa da Morte como parte das actividades programadas para o ano 2020 pola CMAT como ente xestor do xeodestino Costa da Morte. Este proxecto realizouse grazas ao convenio firmado con Turismo de Galicia para promover os destinos turísticos.
50 rutas para percorrer a pé a Costa da Morte para tódolos gustos
Como parte das actividades a desenvolver este ano, e que teñen como fin poñer en valor os recursos naturais da Costa da Morte, e con iso, o carácter Naturalmente Salvaxe do territorio, a CMAT está a traballar na recopilación de rutas de sendeirismo nos 16 concellos que conforman o xeodestino. Conta para tal traballo coa colaboración da consultora especializada en turismo Autoxiro, que está realizando as tarefas de escolma das rutas, descrición e documentación gráfica de cada unha delas.
Unha nova ollada aos profesionais que dan vida á Costa da Morte grazas a Raul Lorenzo
O fotógrafo e produtor audiovisual da Costa da Morte, Raul Lorenzo , está inmerso nun interesante proxecto para “poñer cara” aos hostaleiros e demais traballadores vinculados ao mundo do turismo no xeodestino Costa da Morte. Durante estas semanas, Lorenzo está a percorrer os establecementos que forman parte da asociación Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) para retratalos e entrevistalos “no seu medio”. O obxectivo que persegue a iniciativa é o de pór o foco nas persoas que conforman o tecido empresarial dos 16 concellos que conforman a CMAT.
O blogueiro de viaxes Alberto Ribas comeza a súa andadura por Costa da Morte
Como parte das actividades programadas polo ente xestor do xeodestino Costa da Morte CMAT no ano 2020, realizadas grazas ao convenio con Turismo de Galicia dedicado á promoción dos xeodestinos, iniciouse unha proxecto de promoción turística a través da ollada de blogueiros profesionais. Máis concretamente, contarase ca participación do blogueiro de viaxes profesional Alberto Ribas, mente detrás do proxecto Alvientooo.
A CMAT firma un acordo grazas ao financiamento de Turismo de Galicia para promocionar experiencias en Costa da Morte a través de paquetes turísticos
Grazas ao orzamento de Turismo de Galicia que foi aprobado nesta semana, a CMAT levará a cabo un plan de promoción dos establecementos da Costa da Morte a través da venda de paquetes experienciais. Experiencias culturais, gastronómicas, de turismo activo e nos mellores aloxamentos da zona coas medidas de seguridade garantidas, esa é a proposta do ente xestor do xeodestino para dinamizar.
Galicia, turismo rural e seguro. Reflexións sobre o Día Mundial do Turismo ante un ano incerto
Este 27 de setembro volvemos celebrar o Día Mundial do Turismo e precisamente Costa da Morte faino posicionándose como un destino seguro para todas as persoas que se atreven a visitalo, tal e como destacou esta semana o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión coa directiva do Clúster de Turismo de Galicia.
Éxito na presentación dos manuais para a prevención ante a COVID-19 do sector turístico da Xunta de Galicia
Onte a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia presentou mediante un webinar os manuais para a prevención ante a COVID-19 do sector turístico cun grande éxito de asistencia. Máis de mil persoas seguiron onte a través de streaming e da canle de Youtube – onde se pode consultar actualmente o vídeo- á presentación, que constou da intervención dos/as expertos/as que asesoraron na elaboración dos devanditos manuais e dunha rolda de preguntas posterior na que os/as profesionais do turismo galego trasladaron as súas dúbidas.
Xunta de Galicia: Plan de reactivación do sector cultural e turístico
Aquí podes ler o plan que a Xunta de Galicia vai implementar para reactivar o turismo no territorio neste novo escenario que a crise da COVID-19 nos deixou:
A Xunta Directiva do CMAT reúnese para avaliar a situación do sector turístico da Costa da Morte e reformular a estratexia 2020
A Xunta Directiva da CMAT reuniuse hoxe grazas á tecnoloxía para planificar e preparar a toma de decisións sobre os cambios a implantar na xestión do xeodestino durante o 2020, onde o foco de traballo non estará tanto na promoción como nas persoas.
Actividades formativas de balde para os profesionais do sector turístico en Costa da Morte
Dentro do marco das axudas da Deputación da Coruña 2019 estanse a organizar diferentes proxectos e actividades que buscan acadar unha maior competitividade do sector turístico na zona. Un ano máis, na Costa da Morte contémplase o desenvolvemento dun Programa Formativo gratuíto para profesionais, de cara á especialización do destino en tres piares fundamentais do turismo: inglés, marketing e gastronomía.
Creación da Marca de Mergullo na Costa Atlántica
O luns 8 de abril, a CMAT participou na xornada de traballo do proxecto europeo “Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route” (WAOH! Route), no que Turismo de Galicia é socio xunto a outras entidades europeas. O obxecto do proxecto é crear unha marca atlántica de turismo de mergullo sostible.
Candidatura Costa da Morte Reserva Mundial do Surf
Con motivo da candidatura de Carballo Reserva Mundial do Surf, a CMAT asistiu o xoves 28 de abril á presentación da candidatura. A Deputación da Coruña xunto co tecido empresarial e a comunidade surfeira da comarca, son os promotores da candidatura. O punto central do proxecto é a praia de Razo, que xunto con outras nove praias tentará converterse na primeira reserva mundial do surf en España.
CONTIDO MÁIS SECCIÓNS NOVAS E LIGAZONS
#QuedanaCasa: Percorrido literario pola Costa da Morte
A Costa da Morte pode coñecerse a través de moitos dos seus atractivos: a gastronomía, as súas festas e romarías, as lendas que a rodean… e tamén a través da literatura. De cantigas á poesía actual, moitos son os/as escritores/as que pasaron pola nosa terra para inspirarse, para contar historias e deixar a súa pegada na cultura colectiva da Costa da Morte.
Información importante: Desprazamentos durante a alerta polo Coronavirus
Ante a situación creada polo COVID-19, as autoridades sanitarias europeas e españolas, así como as diferentes administracións, recomendan restrinxir os desprazamentos e viaxes que non sexan imprescindibles.