X

Cizalla de Malpica – Lamego, praias de Esteiro e Seaia (Malpica de Bergantiños)

A praia de Seiruga ou Esteiro, na contorna das Illas Sisargas, destaca pola marisma do Xuncal do Martelo, criadeiro natural para numerosas especies e lugar de paso para moitas aves. As súas dunas, repletas de vexetación, e as furnas do seu marxe dereito, fan desta praia un lugar de extraordinaria beleza. Neste contexto atopamos o núcleo da zona de cizalla dende Malpica ata Lamego (Portugal). A cizalla é a resposta dunha rocha a un proceso de deformación, normalmente por un esforzo de compresión.