X

Coído de Cuño (Muxía)

Os coídos como o de Cuño trátanse de acumulacións de cantos ou coídos formados, fai máis de 100.000 anos, durante o período interglaciar cun nivel do mar máis elevado co actual. Neste caso estamos ante unha praia con bloques e cantos de diverso tamaño, mesturando bloques de gran tamaño con fragmentos redondeados máis pequenos. Todo este lugar forma parte da Zona de Especial Valor Paisaxístico da Costa da Morte.