X

Curso Baixo, Fervenzas e Desembocadura do Xallas (Dumbría)

Lugar de Interese Xeolóxico Español de Relevancia Internacional (tamén se define como Geosite), o granito de O Pindo interponse nos dous derradeiros quilómetros do río Xallas que, nese transcurso e para salvar o desnivel de 155 metros, vai trazando un perfil que remata nunha fervenza de 40 metros. Sobre o leito deste espectacular salto labráronse pías e marmitas de gran tamaño. O Xallas discorre por un val a unha altura de 280-320 metros, sobre xistos relativamente brandos e, a uns 200 metros

da súa desembocadura, atópase aínda a 120 metros de altura, “saltando” directamente sobre o mar. Este espectacular fenómeno parece ser único non só en España, senón en toda Europa