X

Penas Abaladoiras en Muxía (Santuario Virxe da Barca, Muxía)

Ademais da súa recoñecida relevancia etnográfica, cultural e relixiosa, a contorna do santuario da Virxe da Barca tamén ten especial interese xeolóxico. A orixe das pedras abaladoiras ou de abalar, atópase na erosión producida polo mar, o cal vai creando alvéolos nas rexións periféricas que lle van dando esa característica forma redondeada. Estas grandes rochas orixinariamente estarían apoiadas gravitacionalmente en dous puntos, polo que sería posible movelas con un mínimo esforzo. Rodeadas de supersticións e lendas, constitúen un elemento tanto etnográfico como xeolóxico único, presentes por toda a costa galega pero sendo a Pedra de Abalar, a Pedra dos Cadrís e a Pedra do Timón as máis coñecidas.