X

Sistema dunar da praia do Trece

Na praia do Trece, sobre unha das ladeiras do Monte Branco, ascende a duna rampante do mesmo nome, que xunto a de Ponteceso son as máis altas de Europa. Destaca tamén a presencia de varias especies de flora protexidas, como o caso da Corema Album ou Camariña, a cal da nome a localidade de Camariñas. Tamén coñecida como a herba da fame, o seu froito era consumido durante períodos de escaseza ante a falta de alimentos. Compre lembrar que estamos nunha paraxe de especial protección, polo que é convinte non saírse dos camiños marcados e interferir o menos posible co medio. Un dos puntos dende onde visualizar todo este entorno é dende o Cemiterio dos Ingleses, incluído na Ruta Europea de Cemiterios Singulares e recoñecida como Itinerario Cultural Europeo.