X

Malpica (Malpica)

No centro da vila mariñeira de Malpica, atopamos a praia urbana de Area Maior; unha grata alternativa para gozar de sesións de surf proveitosas, así como do seu gran ambiente. Esta praia ofrece boas ondas, especialmente nos meses de outono e inverno, xa que en verán a ondada é máis plana. Funciona con marea baixa e media, con ondas brandas e longas, ideais para aquelas persoas que queiran iniciarse neste deporte.