X

Día 8: Vimianzo

Hoxe visitaremos Vimianzo, municipio no que conflúen lenda e historia, pasado e presente…

Recoméndoche visitar, a ermida da Nosa Señora de Montetorán un lugar sagrado, de lendas e con propiedades máxicas no que atoparemos un bosque de carballos e pedras de mouras… Imaxinas? Se non das chegado... pregunta á veciñanza!

Como plan para a tarde suxíroche outra parada imprescindible, o Conxunto Etnográfico de Mosquetín, a catro quilómetros aproximadamente da ermida, onde se conservan sete muíños e tres batáns ás beiras do río Grande. Tamén podes dar unha camiñada pola Ruta dos Penedos de Pasarela e Traba. Alí poderás facer voar a túa imaxinación observando as suxestivas formas das rocas desta paisaxe protexida.

Para comer en Vimianzo recoméndoche fundamentalmente especializades á grella. Como curiosidade, direiche que aquí terás a oportunidade de degustar pratos de “arqueogastronomía”: preparacións culinarias que seguen receitas da época castrexa e medieval. Aceptas o reto? Tes distintas opcións de restaurantes para xantar.

Sairemos pola mañá cedo cara o Castelo de Vimianzo, fortaleza medieval en excelente estado de conservación que actualmente alberga unha Mostra de Artesanía en vivo ademais de contar cunha ampla oferta cultural durante todo o ano.

Se queres facer algo especial nesta zona, podes contactar coa empresa de actividades Furancho Deportivo.

Neste día poderías visitar tamén, a aldea do Porto de Cereixo.

Aproveitaremos as últimas horas de luz para acudir ao encontro co solpor. Nesta ocasión contemplaremos este colorido espectáculo desde o alto do Monte de San Bartolo, outro lugar de lendas que alberga unha capela e desde onde poderemos gozar dunha excelente panorámica do Val de Vimianzo. 

Para durmir, seguindo as ligazóns podes consultar os aloxamentos recomendados en Vimianzo ou en Muxía.

LUCES & SOMBRAS en Vimianzo

Para sentir a experiencia que che propoño a continuación deberás dirixirte ao Cruceiro Gótico dos Santos.

Convídote a descubrir a Galicia das meigas e dos meigallos. Os cruceiros emprazados nos camiños teñen distintos usos. Moitas destas cruces foron colocadas nas localizacións de antigos miliarios romanos, a fin de cristianizar estes lugares. O seu uso era variado: sacar o mal do corpo ou rachar lazos emocionais, entre outros; aínda que o seu principal cometido é protexer o camiño, os bens materiais e as colleitas.

Así que non é raro atopar ofrendas, milladoiros de pequenas pedras e outros elementos votivos nestes lugares.

Que podemos atopar de todo isto en Vimianzo? Se te achegas ata o Cruceiro Gótico dos Santos poderás observar varios elementos excepcionais: unha cruz, cunha forma que imita un tronco de carballo, unha representación da Trindade coas figuras do Pai, o Fillo e o Espírito Santo (en forma de pomba) e un peregrino. Como verás, esta magnífica obra de cantería galega exhibe todo un paralelismo entre o camiño-peregrinación e a nosa evolución ao longo da vida…

Este destino descóbrese empregando todos os sentidos, e onde as mentes máis creativas atopan inspiración. O lugar idóneo para espertar a túa imaxinación está no Val de Vimianzo, na ruta dos Penedos de Pasarela e Traba, unha contorna natural que non deixa indiferente a ninguén. Ao longo dun traxecto de dous quilómetros (desde a Torre da Moa ata o Lugar do Penedo) poderemos ver as singulares formas que o paso do tempo foi modelando na roca: A Torre da Moa, A Pena Forcada, A Pedra da Cachucha…

Aínda que nesta experiencia descubrimos o grande simbolismo que agocha o patrimonio deste municipio da Costa da Morte, aínda temos pendente a visita ao emblema de Vimianzo: o seu castelo. Como suporás, outro lugar de numerosas historias e lendas: a lenda das pombas do castelo, a do aforcado ou a dos Mariño…. 

A estas alturas seguro que xa te decataches de que nesta terra de meigas existe unha gran cantidade e variedade de relatos populares.

Anímote a descubrilos no apartado "lendas" desta web. 

Se aínda che queda tempo, podes vivir outras experiencias de turismo deportivo,  turismo activo e de patrimonio cultural na zona. Tes a información seguindo as ligazóns.

Propóñoche tamén a Ruta Literaria pola Costa da Morte.