X

DÍA 3. Con Manuel Rivas por A Costa da Morte

Durante estas xornadas levareite por Vimianzo e Camariñas en Terras de Soneira, lugares cheos de lendas…

Vimianzo pode ser un bo punto de partida para este día. Aquí podes visitar o Conxunto Etnográfico de Mosquetín e o Río Grande, ao que Manuel Rivas alude deste xeito na súa obra Costa da Morte Blues (1995):

O río

"Da outra banda, Señor, vexo este verde

e terras de ben dar

e un regato con vimbios de ouro vello

e un pombal de mensaxeiras

e un anxo que esfolla as espigas do millo

cabo dun hórreo de cen pés.

Sei que nunca cruzarei ese río

que para min murmura o laio dun adeus.

Ficarei nas ruínas do muíño

coa foula branqueando a xanela dos ollos.

Eis esa soberbia que chamarei destino.

Pero eu fun dos teus, Señor.

Quizais aínda gardes recordo daquel outro

que brincaba as roseiras tras o son da campá

e creu ter escrito para ti o poema do pan.

Pai Noso, pois, que estás nos ceos,

en memoria daquel que eu fun,

dille ao río Grande que toque

outra vez ese blues".

 

Sobre estas terras tamén escribiu Camilo José Cela (1916-2002), en concreto na súa novela Madera de boj (1999):

"[…] en la aldea de Aplazadoiro aparecieron una mañana todos los perros muertos, esto fue el aviso porque después empezaron a morir chiquillos hasta que no quedó ni uno, no había tantos, los muertos presentaban un bocado en la garganta, un mordisco limpio y con tres ojales, nadie oyó gritar a nadie, la guardia civil de Vimianzo no averiguó nada porque no pudo hacerlo, Vincent le dijo a Annelie que sospechaba de un náufrago del submarino ruso Igor Yavlinsky que se había convertido en lechuza que andaba merodeando por allí, por artes nefandas la oficialidad se había mudado en lechuzas y la marinería en medusas, Annelie le dijo que era mejor que se callase porque no le iban a hacer ni caso, hay asuntos en que los forasteros no deben ni entrar ni salir […]

-¿Sabe usted dónde para el cocodrilo amaestrado de Ricardiño, el hermano de Leonor? -No, se escondió en una de las tres fuentes de Tufiones y de él no volvió a saberse más nada”. “Ricardiño tenía un cocodrilo amaestrado pero lo perdió en Tufiones, se le metió en una de las fuentes del regato Mouriño y no volvió a salir nunca más, se conoce que estaba a gusto”.

Podes atopar máis poemas e outras referencias sobre Vimianzo na obra de Manuel Rivas e na de outros autores como Eduardo Pondal seguindo a ligazón. 

En Camariñas dirixímonos ao Cemiterio dos Ingleses e a Cabo Vilán. Ali tamén se atopa o Centro de Interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítimas. Ambos lugares fálannos da cara máis dura do mar: os naufraxios. En palabras de Manuel Rivas:

"Entre Cabo Vilano e tosto,

Entre Arou e Camariñas.

Hai chuvias das sete cores

E mirei ao lume do mar cravarse nos ollos do raposo".

Outro dos moitos autores que cita a Camariñas é Ramón Otero Pedrayo na súa obra Galicia, una cultura de Occidente, León (1975):

"...la villa muy marinera... la blanca Camariñas. No falta quien, alabando la levedad, delicadeza y dibujo de los encajes tejidos por las mujeres de Camariñas, sostiene que imitan la calidad de las espumas".

E tamén Castelao en Alba de Groria. Revista do Centro Galego de Buenos Aires, nº 427, agosto de 1948.

... cabos da costa brava da Coruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas"   

  • Podes atopar máis poemas e outras creacións literarias sobre Camariñas, seguindo a ligazón.
  • Se queres gozar de máis tempo en Vimianzo e Camariñas, ou buscar lugares para comer e durmir, consulta o apartado no que te guío pola Costa da Morte coa ruta "Ruta do Sol con Luces & Sombras”.