X

O Concello de Vimianzo presenta a programación do Auditorio da Casa da Cultura para os meses de outono

25/09/2018 - 22/12/2018

Casa de la Cultura Vimianzo

O Concello de Vimianzo presenta a programación do Auditorio da Casa da Cultura para os meses de outono

A Concellaría de Cultura do Concello de Vimianzo presentou a programación teatral do Auditorio da Casa da Cultura para os meses de outubro, novembro e decembro. Unha vez máis achegaranse a Vimianzo figuras da talla de Antonio Durán-Morris, Federico Pérez, Mercedes Castro, María Vázquez, César Cambeiro, Adrián Ríos, Patricia Pérez,Toño Casais, Atur Trillo,etc. Na selección de obras destacan as máis representativas do panorama galego actual. Algunhas delas chegan a Vimianzo despois de colleitar un enorme éxito internacional.

O sábado 6 de outubro achegarase a Vimianzo a compañía EME2 coa obra A leituga, que aborda en clave de humor as distintas reaccións familiares ante o envellecemento dos pais. O 13 é o turno de Contraproducións con Fillos do sol. Esta obra achégase ao universo de Eduardo Pondal no centenario do seu falecemento. O 27, Quico Cadaval presentaranos o seu monólogo Os inocentes, que ten como tema central a Guerra Civil.

As representacións de novembro estrearanse o día 3 coa representación de Castrapo, a primeira montaxe de Os naúfragos teatro. Achégannos a historia dun escritor que nunha viaxe en tren se reeencontra co seu pasado. O día 10 será a quenda de A canción do elefante, un triller psicolóxico orixinal do autor canadense Nicolas Billon que nos conta ainvestigación acerca da desparición dun psiquiatra. A última persoa que o viu é un paciente obsesionado cos elefantes.O día 17 achegarase a Vimianzo a compañía Talía coa obra O servidos de dous amos. Talia presenta nesta ocasión unha reinvención da obra de Goldini incorporando novas formas de teatralidade.

O mes de novembro pecharase o día 24 con Tropical, unha historia que discorre nun navío habitado por viaxeiros con destinos entrelazados, no que se mesturan turistas, migrantes, músicos ou refuxiados. O 1 de decembro ButacaZero achegaranos Camiños, unha reflexión acerca dos tópicos de Galicia e dos galegos, acerca do que significa Galicia no século XXI. O 2 de decembro pecharase a programación co espectáculo familiar de Pistacatro, Outono, unha homenaxe aos pallasos clásicos contada a través dunha compañía de clowns.

O público infantil e familiar tamén ten o seu oco nesta programación. O 7 de outubro A xanela do Maxín, achegaranos As aventuras de Gale, un espectáculo de monicreques e música que nos axudara a comprender a importancia de poder gozar da música, dos libros ou dos poemas creados en galego. O 21 de outubro será a quenda de Muíñada de Galeatro. Conta a historia dun mozo e unha moza que por un malentendido coa quenda se atopan nun muíño de auga. Ó ver que os dous non poden moer o mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a Galicia do século XX; o muíño de auga

O 4 de novembro chegará Forzu2 de Circo Chosco, un espectáculo no que dous atletas fan trucos imposibles diante do público. O 2 de decembro pecharase a programación co espectáculo familiar de Pistacatro, Outono, unha homenaxe aos pallasos clásicos contada a través dunha compañía de clowns.

Ademais hai programadas destinadas aos centros de ensino, o 23 de outubro Paco Nogueiras traerá o seu Radio Bule Bule, o 24 de outubro Oviravai representará Vaioviravai! E o 25 de outubro Pakolas cantará as cancións do seu espectáculo As parábolas de Pakolas.

As representacións dos sábados,destinadas a adultos, serán ás 21:00h. Os domingos, destinadas ao público familiar, serán ás 18:30 h. As infantís serán todas de balde, agás Outono na que pagarán só os adultos. Estará á venda un bono para os 9 espectáculos por 32€ e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes

Volver atrás