X

Festiletras 2017

Festiletras 2017

O festival cumpre 35 anos. Unha cifra tremendamente especial que repercutirá no completo menú cultural que prepara a organización. Así, este ano o Festiletras quere vincular a celebración co Centenario de Pondal, para completar así esa lista de 100 actos polos 100 anos do bardo bergantiñán.

No FestiLetras serán nada menos que 35 actos, percorrendo unha a unha as 35 edicións. Unha das citas máis emotivas será o Recital poético no que participarán 35 persoas (con varios membros do Batallón Literario da Costa da Morte e unha mención especial para Paco Souto) que recitarán un poema dos 35 autores homenaxeados nestas 35 edicións da que antes chamaban a Festas dás Letras.

Hai no programa, pois, presenza de grupos e protagonistas locais, ao lado doutras propostas de longa traxectoria, como Uxía Senlle e Joâo, Ses, Guadi Galego, Mini e Mero ou Luar na Lubre.

As 35.ª Festiletras consolidan a artesanía, a literatura -Manuel Ferreiro presentará a súa xeografía pondaliana- o teatro para os maiores, a memoria ou, tamén, o propio, como a regueifa. Á xornada dedicada a esta arte dialéctica acudirá o maior experto, Domingo Branco. Os oito días de actos finalizarán con Luar na Lubre, un concerto gratuíto.

+información

 

Arquivado en:

Eventos culturais Festas e gastronomía