X

O Concello de Zas pon en marcha nas Torres do Allo un programa didáctico dirixido a centros educativos

O Concello de Zas pon en marcha nas Torres do Allo un programa didáctico dirixido a centros educativos

O vindeiro mes de maio arrincan as actividades escolares propias das Torres do Allo con visitas didácticas e obradoiros para cada ciclo. Tódolos venres o Pazo do Allo estará aberto para que os centros escolares poidan visitalo con reserva previa.

A Concellería de Cultura do Concello de Zas ten listo un ambicioso programa didáctico para o monumento das Torres do Allo. A partir do vindeiro mes de maio arrincan as actividades didácticas propias do pazo que se realizarán os venres baixo reserva dos centros educativos. As Torres do Allo é un lugar idóneo para realizar unha visita escolar nun entorno natural, auténtico e estimulante. A través das visitas didácticas, adaptadas a cada ciclo educativo, o alumnado descubrirá os valores artísticos, históricos, medioambientais, científicos e etnográficos que atesoura o Pazo do Allo e tódolos elementos que compoñen o ben.

As visitas educativas ás Torres do Allo complétanse cunha variada oferta de obradoiros didácticos adaptados a cada ciclo escolar. Para o ciclo de Infantil haberá un taller de plantación de sementes chamado "Sementes do Allo". A través da páxina web das Torres do Allo (www.torresdoallo.gal) os centros educativos poden descargar oCartafol Escolar onde atoparán tódolos detalles relacionados cos obradoiros e visitas didácticas. Tódalas actividades, visitas e obradoiros son de balde. Tamén poden informarse a través do enderezo electrónico info@torresdoallo.gal.

Arquivado en:

Novas