X

Pazo de Trasariz

Este pazo con capela encostada, conta na planta baixa cun pórtico de oito arcos sobre columnas con capiteis dóricos. Na planta alta ábrese unha balaustrada con columnata que sostén o tellado. Destaca na arquitectura desta edificación as súas grandes chemineas, similares ás dos castelos.

A historia do Pazo de Trasariz está ligada á do Castelo. Foi levantado polo fidalgo Antonio de Caamaño e Quintana, quen aparece como alcaide dos estados de Altamira no ano 1695. No ano 1880 foi adquirido polos antepasados dos seus actuais donos.

+información