Pazo Torres de Romelle
De planta rectangular rodeado dunha muralla, posúe uns fermosos xardíns de trazas barrocas, con centenarios carballos e castiñeiros. Destaca a torre almenada, pegada a un corpo central, a porta principal con arco carpanel de grosas dovelas, unha galería na fachada posterior e un patín de cantería.
+información