X

Vimianzo

Vimianzo

O municipio de Vimianzo áchase situado no límite occidental da Comunidade Autónoma de Galicia, moi preto do litoral da provincia da Coruña, que forma parte da comarca de Terra de Soneira. Este municipio ocupa unha extensión próxima aos 188 quilómetros cadrados, áchase situado a unha altitude media de preto de 400 metros sobre o nivel do mar e dista case por igual das cidades de Santiago e da Coruña, en 65 km. e 68 km. respectivamente. A forma de organización en Galicia realízase mediante entidades parroquiais que xestionan e integran un só municipio. Así, en Vimianzo existen 14 parroquias. Os municipios e fornteras naturais cos que limita Vimianzo son, de Norte a Sur e de Leste a Oeste: Camariñas e Laxe e o Atlántico, Dumbría e encoro de Fervenza, Zas, Muxía.

No conxunto patrimonial de Vimianzo destacan as construcións que seguen:

O Castelo de Vimianzo, fortaleza medieval dos séculos XII-XIII.
Visita ao Alto de San Bartolo, situado a uns 400 metros sobre o nivel do mar.
Capela e Pazo de Trasouteiro.
Visita ao Pazo de Trasariz.
Ruta ata o Monte Faro.

+ Información