X

Actividades deportivas 2023/2024

Actividades deportivas 2023/2024

02/10/2023 - 30/06/2024

Dende o Concello de Carnota ofertamos as seguintes 𝐀𝐂𝐓𝐈𝐕𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄𝐒 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐈𝐕𝐀𝐒 para o curso 2023/2024!

O prazo de inscrición é do 14 ao 26 de setembro no Departamento de Deportes do Concello de Carnota ou no 64745944.

Semana Santa de Fisterra

Semana Santa de Fisterra

16/03/2024 - 01/04/2024

En Fisterra, aínda que a Semana Santa comeza xa o 16 de marzo, as actividades de carácter lúdico veñen da man das Festas do Santo Cristo, que serán o 30 e o 31 de marzo e o 1 de abril. Haberá pasarrúas e alboradas e tamén actuacións musicais nocturnas. Nas seguintes ligazóns podes consultar tanto as actividades relixiosas como as de carácter lúdico.

Semana Santa de Laxe

Semana Santa de Laxe

22/03/2024 - 31/03/2024

No caso da Semana Santa de Laxe, haberá diferentes actividades culturais programadas desde o venres 22 ata o domingo 31 de marzo. Entre estas, destacan o obradoiro de fotografía Analóxica o martes 26 e o mércores 27 da mán de Óscar Górriz ou a xornada de portas abertas coa entrada de balde no Museo do Mar de Laxe o sábado 30. Podes descargar o cartaz coa programación premendo aquí.

Semana Santa de Vimianzo

Semana Santa de Vimianzo

22/03/2024 - 31/03/2024

A Semana Santa de Vimianzo tamén abranguirá moitos días de programación cultural. Entre o 22 eo 31 de marzo, haberá tanto unha mostra de artesanía en vivo como unha interesante exposición no Castelo de Vimianzo: "Vimianzo no tempo, do castrexo ao medievo". Tamén hai programadas visitas teatralizadas no castelo os días 28, 29, 30 e 31 de marzo. Podes consultar o resto de actividades de Vimianzo premendo aquí.

XXXIII Mostra de Encaixe de Camariñas

XXXIII Mostra de Encaixe de Camariñas

27/03/2024 - 31/03/2024

A XXXIII Mostra de Encaixe de Camariñas celebrarase entre o 27 e o 31 de marzo. Esta nova edición pretende reivindicar o encaixe como un elemento de valor para coñecer o municipio.

PROGRAMA COMPLETO

vindemo ver 2024

XI Mostra de Promoción Local de Carnota "Víndemo Ver"

28/03/2024 - 31/03/2024

Os días 28, 29, 30 e 31 de marzo a praza de San Gregorio de Carnota acollerá unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores e creadoras locais dentro do “Mercado da Deputación”. Ademais destes espazos, distribuiranse pola praza diferentes postos de comida e bebida para degustar ao aire libre.

Curruncho Pop 2024 presentación literaria e concertos

Curruncho Pop: presentación literaria e concertos

30/03/2024 - 30/03/2024

Curruncho Pop

Información e reservas: