X
 

Costa da Morte

naturalmente salvaxe.

VISITA A COSTA DA MORTE

Tras o acrónimo CMAT escóndese o desexo de dar a coñecer un xeodestino cunha oferta turística tan ampla como en boa parte descoñecida, o da Costa da Morte, un territorio único e cheo de vida.

Noticias Costa da Morte

O VII Encontro Internacional Starlight celebrado en Cee asenta á Costa da Morte como un destino de referencia para o turismo de estrelas

O VII Encontro Internacional Starlight celebrado en Cee asenta á Costa da Morte como un destino de referencia para o turismo de estrelas

04/10/2024

CEE, 04/10/2024. Durante os días 1, 2, 3 e 4 de outubro, a Costa da Morte converteuse na capital do astroturismo coa celebración do VII Encontro Internacional Starlight e II Conferencia Internacional Starlight de Astroturismo, organizada pola Fundación Starlight coa colaboración da CMAT.

A CMAT organiza unha viaxe familiar para destacar a calidade das actividades de turismo familiar na Costa da Morte

A CMAT organiza unha viaxe en familia para destacar a calidade das actividades de turismo familiar na Costa da Morte

10/09/2024

ZAS, 10/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza a viaxe #CostaDaMorteEnFamilia os días 14 e 15 de setembro dentro das actividades de promoción turística incluídas no convenio de colaboración con Turismo de Galicia. Nesta viaxe, convidará á familia da blogueira Olaya López a desfrutar de diferentes actividades de turismo familiar nos concellos de Carballo, Coristanco, A Laracha, Malpica, Mazaricos e Ponteceso.

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa: así definen Costa da Morte catro blogueiros profesionais

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa: así definen Costa da Morte catro blogueiros profesionais

06/09/2024

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer diversos concellos da Costa da Morte nunha actividade de promoción turística de tres días na última fin de semana de agosto. Nela, puideron gozar de actividades relacionadas co astroturismo, a artesanía local, a gastronomía, a cultura e a natureza do territorio. Este iniciativa foi posible grazas ao convenio de colaboración entre a CMAT e Turismo de Galicia.

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para albergar o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para albergar o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte

03/09/2024

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Costa da Morte, que celebra a súa cuarta edición o día 12 de novembro entre as 17:30 e as 20 horas.

Blogtrip de astroturismo Costa da Morte 2024

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de viaxes pola Costa da Morte para promocionar os produtos turísticos do destino

23/08/2024

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que convida a catro blogueiros de viaxes profesionais a percorrer diferentes lugares da Costa da Morte durante tres días. A iniciativa, que está financiada a través dun convenio de colaboración con Turismo de Galicia, levará aos blogueiros a percorrer diferentes concellos da contorna os días 29, 30 e 31 deste mes de agosto.

Aberta a inscrición para o VII Encontro Internacional Starlight na Costa da Morte

Aberta a inscrición para o VII Encontro Internacional Starlight na Costa da Morte

07/08/2024

ZAS, 07/08/2024. A inscrición para o VII Encontro Internacional Starlight está aberta. O evento, que se celebrará en Cee entre os días 1 e 4 de outubro deste ano 2024, convertirá á Costa da Morte no epicentro do astroturismo a nivel internacional.