Costa da Morte Asociación Turística organiza no mes de febreiro un programa financiado pola Deputación da Coruña para formar desempregados en cociña, restauración e aloxamentos que atenda as necesidades de persoal do sector.
Fitur é a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid do 19 ao 23 de Xaneiro de 2022.
Fitur é a primeira cita anual para os profesionais do turismo mundial e a feira líder para os mercados receptivos e emisores de Iberoamérica. Un foro único para promocionar as marcas, presentar novos produtos, coñecer as últimas tendencias e encher as axendas de contactos e perspectivas.
Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Cee. O concello de Cee asómase ao mar por tres fragmentos de costa: a ría de Lires no noroeste, a praia de Estorde na enseada fisterrá e, desde o mesmo Cee ata a enseada de O Ézaro.
Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Dumbría. O concello de Dumbría está situado no Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, a uns setenta kilómetros de Santiago e pertence á provincia de A Coruña. É un concello simbólico da comarca de Costa da Morte debido a que a desembocadura do seu principal río, o Ézaro, precipítase ao océano Atlántico en forma de fervenza.
Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Coristanco. O concello de Coristanco está situado ó oeste de Galicia e da provincia da Coruña. Limita polo norte cos concellos de Ponteceso e Carballo, polo leste, cos de Carballo e Tordoia, polo sur co concello de Santa Comba, e polo oeste, cos de Zas e Cabana.
Este ano 2021, a CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), entidade que xestiona a promoción do xeodestino Costa da Morte, realizou dúas campañas con bloggers profesionais de turismo ca colaboración da Deputación da Coruña.