X

Coñécenme como a Moura da Costa da Morte e habito nestas terras desde outrora cando se adoraba a cada un dos elementos. A auga é o meu sangue, o lume é o meu espírito, a terra é o meu corpo, e o aire é o meu alento. 

Son a nada e son cada un dos elementos... Para moitos son muller encantada de singular beleza, pero non son nin o meu peite dourado, nin o meu cabelo longo e ondulado. Son a forza do verbo que escoitas no aire. Habito nos bosques e nas fontes, nos castros e monumentos megalíticos. Saio de entre as pedras, de debaixo da auga ou da terra; coa forza do vento actúo. Escóitasme?

E só me verás e atoparás integrándote en cada lugar, entre as súas xentes… na súa esencia, coa mirada da alma. Entón, cando te guíe por estas terras… pode que eu acuda á túa chamada e que ti obteñas as respostas… Porque a #CostadaMorte está #Cheadevida