X

Deportes de auga

Ver Concello


Kayak

Desde 17 euros e con idades comprendiddas entre os 3-6 anos determinadas empresas nauticas ofrecen rutas de iniciación para familias fáciles e divertidas para pasar un intre agradable e divertido. Nelas propóñense rutas guiadas en kaiak moi divertidas, fáciles, didácticas e idóneas para todos os públicos, idades e condicións físicas. Un percorrido con paradas para apreciar a magnífica Fervenza de Ezaro, cantís de #CostadaMorte e calas virxes das que gozar ao longo de toda a nosa orografía.

Surf

Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é unha rexión que combina cantís con belas praias, algunhas salvaxes, virxes, outras cos servizos propios dunha praia urbana, pero en calquera caso pódesche atopar tramos de praia para ti só, ou mesmo unha praia enteira.

Vela

A gran cantidade de quilómetros de costa, e algunha das súas rías máis recollidas, permitiranche navegar a vela pola Costa da Morte e coñecer este mar lendario. Moitas son as competicións que teñen lugar ao longo do ano en #CostadaMorte e varias entidades tanto publicas como privadas desenvolven actividades enfocadas a este deporte.