X

Axenda

Programación cultural e de ocio de verán en Carnota 2024

Programación cultural e de ocio de verán en Carnota

01/07/2024 - 31/08/2024

O Concello de Carnota presenta o seu programa de actividades lúdicas, culturais e deportivas para este verán 2024.

Podes consultar o programa completo na seguinte ligazón: https://www.carnota.gal/2024/06/05/elementor-30568/

Verán 2024 en Malpica de Bergantiños

01/07/2024 - 31/08/2024

O Concello de Malpica de Bergantiños, xunto coas asociacións, presentou o seu amplo e variado programa de actividades para o verán 2024, deseñado para todas as idades e intereses. O programa inclúe actividades culturais, deportivas e de lecer que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e agosto, promovendo a participación cidadá e o goce do tempo libre.

Visitas guiadas por Corcubión

Visitas guiadas por Corcubión

02/07/2024 - 29/08/2024

Durante os meses de xullo e agosto realizaranse visitas guiadas gratuitas no Concello de Corcubión. Estas visitas serán de dous tipos:

"UN PASEO POLA HISTORIA DE CORCUBIÓN" será un percorrido a través da historia da vila no que se farán paradas naqueles lugares e edificios máis destacados e que son testemuña do desenvolvemento que tivo Corcubión a partir do século XV.Punto de encontro: Oficina de Turismo de Corcubión (entrada do porto):Hora de inicio: 18:45h.Días de realización:* Xullo: 2, 3, 9, 11, 18, 19, 23, 24, e 31.* Agosto: 6, 13, 20 e 28.Duración aproximada: 1 hora 30 minutos.Percorrido: partindo do porto, camiñarase por algunhas das rúas do conxunto histórico e rematarase a visita guiada no exterior do Edificio José Carrera (Casa do Concello).

Exposición "Musas, Haberlas Haylas"

Exposición "Musas, Haberlas Haylas", de Diego Pérez Carpeño

02/07/2024 - 31/07/2024

Exposición de pinturas de Diego Pérez Carpeño na Casa da Cultura de Cee, desde o 2 ao 31 de xullo de 2024. Organizan: Concello de Cee e Ponteceso Cultura Permanente.

Programación Cultural e Deportiva de Verán de Laxe

Programación Cultural e Deportiva de Verán de Laxe

04/07/2024 - 21/09/2024

O Concello de Laxe impulsa unha completa programación de actividades para todos os públicos para a presente tempada estival.

Por unha banda, o pasado 1 de xullo deu comezo a primeira quenda dos ‘Peque Campamentos’, que se estenderá ata o vindeiro día 12. A segunda está programada para o período comprendido entre o 15 e o 29 de xullo e a terceira do 31 de xullo ao 13 de agosto. A rapazada poderá gozar de diferentes actividades de luns a venres, como manualidades, xogos, excursións á praia e á piscina, etc.

Verán Cultural 2024 en Cabana de Bergantiños

Verán Cultural 2024 en Cabana de Bergantiños

05/07/2024 - 31/08/2024

Programa de actividades culturais do Concello de Cabana de Bergantiños para o verán 2024. 

Verán 2024 en Zas

Verán 2024 en Zas

06/07/2024 - 31/08/2024

Este sábado arranca “Verán en Zas”;  un completo programa de ocio e tempo libre deseñado polo Concello de Zas, a través do seus departamentos de Turismo, Cultura e Deportes, no que haberá actividades para toda a veciñanza e en distintas localización do noso municipio.

Seráns na Vila en Malpica de Bergantiños

Seráns na Vila en Malpica de Bergantiños

07/07/2024 - 25/08/2024

Actividades culturais e de lecer para todos os públicos

O Concello de Malpica anunciou hoxe o seu programa estival “Seráns na Vila”, que ofrece unha serie de actividades culturais e de entretemento durante os meses de xullo e agosto. O calendario de eventos inclúe actuacións musicais, representacións teatrais e actividades ao aire libre en diferentes localizacións, como a área recreativa de Río de Vaa e o Paseo da Praia. O obxectivo é ofrecer un espazo de encontro e diversión para todos os públicos.