X

Ornitoloxía

En outubro de 2006, durante a celebración do Iº Congreso de Ornitoloxía dá Costa da Morte, inaugurouse o primeiro observatorio de aves deste litoral da provincia da Coruña. Desta maneira, desde o concello de Cabana de Bergantiños, quíxose quixo recoñecer os máis de trinta anos que José Luís Rabuñal Patiño, un dos máis importantes ornitólogos do estado español, dedicou á observación e estudo de aves na enseada de Insua, poñéndolle o seu nome.
O Miradoiro de Aves José Luís Rabuñal Patiño, unha caseta de madeira perfectamente integrada na paisaxe, está situada na praia de Urixeira. No seu interior, colocáronse uns paneis divulgativos que informan das rutas migratorias das aves que chegan ao estuario, dos espazos que ocupa a avifauna no mesmo, das rarezas que se puideron observar nalgunha ocasión, de como recoñecer aves ou dos útiles para observalas.

Ver Concello


Rutas Ornitolóxicas

Pódese dicir que A Costa da Morte é unha das mellores áreas de Galicia para a observación de aves. As condicións da zona favorecen que isto sexa así. De feito ademais de estar protexida pola Rede Natura 2000, existen zonas ZEPA (Zona de especial de protección para as aves) como son as illas Sisargas, o tramo costeiro desde Punta Nariga a Punta Roncudo, o estuario do río Anllóns, o complexo litoral de Traba e o tramo costeiro de Arou a Cabo Vilán.

Ruta ornitolóxica de Costa da Morte

Espazo mariño que ocupa gran parte da plataforma continental fronte á Costa da Morte, no noroeste de Galicia. O interese do espazo radica na súa importancia como embude migratorio debido á súa privilexiada situación xeográfica e aos fortes ventos predominantes de compoñente N e NW. Estímase que máis dun millón de aves mariñas pasan por esta zona durante o verán-outono (migración postnupcial). A maior parte das aves en migración proveñen do norte de Europa e Siberia occidental, pero tamén hai especies mediterráneas (pardela balear, Puffinus mauretanicus), neárticas (gaivota de Sabine, Larus sabini) e do hemisferio Sur (pardela sombría, Puffinus griseus).