X

Experiencias de Turismo Activo

Eu son... a Moura da Costa da Morte...

Experimentar o medio natural é vida, sempre que o fagas desde unha mirada introspectiva, desde fóra cara dentro, buscando a superación persoal e vivir a aventura. A través das distintas actividades que che propoño nestas experiencias de turismo activo poderás descubrir esta terra da #CostadaMorte porque está #Cheadevida.

Os senlleiros montes que dominan os vales fan da Costa da Morte un destino único para gozar da paisaxe coas propostas de rutas por terra. Neste territorio de orografía singular as rías e os ríos son escenarios de excepción para gozar da aventura practicando deportes náuticos e actividades de ocio

Na cultura celta sempre se dixo “cando non poidas ver… levanta o voo!” e tamén que “cando sintas que ese non é o teu lugar… voa!”. Porque se entende que a verdadeira liberdade reside en saber observar con outra mirada, desde outra perspectiva. Por iso atoparás unha experiencia por aire...

Fluír con cada un dos elementos é vivir en liberdade. Podemos cabalgar as ondas e sentir a harmonía entre a nosa forza e a que exerce a auga... coas experiencias que che propoño en “Cabalgando as ondas”.  

Eu son... a Moura. E só me verás e atoparás integrándote en cada lugar, entre as súas xentes… na súa esencia, coa mirada da alma. Entón, cando te guíe por estas terras… pode que eu acuda á túa chamada e que ti obteñas as respostas… Porque a #CostadaMorte está #Cheadevida.