X

Turismo de Estrelas

Ven a ver as estrelas ao cabo do mundo

Costa da Morte é un xeodestino de carácter aguerrido, onde podemos atopar praias salvaxes e belos cantís que se descobren entre faro e faro. Os espectaculares ceos estrelados e os atardeceres sobre o océano Atlántico non teñen comparación, de feito, en Costa da Morte pódese vivir o último “solpor” da Europa Continental.

Costa da Morte é agora recoñecido como Destino Turístico Starlight e conta co selo da Fundación Starlight como un dos lugares onde gozar do ceo nocturno en Galicia.

Descobre os 10 mellores puntos de observación do ceo nocturno, situados en lugares de especial beleza e de gran valor natural e cultural: o Dolmen Arca da Piosa, a Praia de O Rostro, Cabo Touriñán, Cemiterio dos Ingleses, Castro de Borneiro, Punta Nariga, Espazo Natural de Razo-Baldaio, Encoro da Fervenza, Praia de Soesto e o Monte Pindo.

Tamén podes botar un ollo aos mellores lugares para ver as estrelas na Costa da Morte.

Superlúa Costa da Morte

Lúa chea (Superlúa) e eclipse parcial de lúa

17/09/2024 - 18/09/2024

Esta Lúa Chea ten lugar moi preto dun deses momentos do ano cando está máis próxima á Terra: o perixeo. Por isto parece un pouco máis grande que noutras ocasións. Un momento ideal para ver a superlúá desde lugares como as praias e miradoiros de Costa da Morte.

Observación astronómica: Sol, lúa e estrellas

Observación astronómica: Sol, lúa e estrellas

20/09/2024 - 20/09/2024

Observación astronómica da man dos monitores starlight Antón Pazos e Begoña Brao, organizada polo establecemento O Xastre de Anos o venres 20 de setembro ás 20 horas.

Experiencia rural gratuíta con aforo limitado. Máis información e reservas no whatsapp 611429418.

equinoccio

Equinoccio de outono

22/09/2024 - 22/03/2024

O equinoccio de outono producirase o 22 de setembro ás 12:45 UTC. Será o primeiro día de outono no hemisferio norte. Nese instante, o Sol "cruza" o ecuador da Terra.

Superlúa de outubro

Superlúa de outubro

17/10/2024 - 17/10/2024

É a última superlúa do ano, coa lúa chea ás 11:28 UTC. Ten lugar durante un momento no que a lúa está moi próxima á terra (o perixeo).

Chuvia de Estrelas Oriónidas 2024

Chuvia de Estrelas Oriónidas

21/10/2024 - 22/10/2024

A chuvia de meteoros ten lugar do 2 de outubro ao 7 de novembro, pero a mellor noite para fotografala é entre o 21 e o 22 de outubro. O pico é o 22 de outubro ás 05:45 UTC con 20 meteoros por hora.

Chuvia de Estrelas Leónidas

Chuvia de Estrelas Leónidas

16/11/2024 - 17/11/2024

A chuvia de meteoros ten lugar do 6 ao 30 de novembro, pero a mellor noite para fotografala é entre o 16 e o 17 de novembro.

O pico é o 17 de novembro ás 07:26 UTC con 15 meteoros por hora. Neste momento a fase luar é do 71,4%, polo que as condicións para gozala non son moi boas (hai lúa). Esta choiva de estrelas é visible desde ambos os hemisferios.

Chuvia de Estrelas Xemínidas

Chuvia de Estrelas Xemínidas

13/12/2024 - 14/12/2024

A choiva de meteoros ten lugar do 4 ao 17 de decembro, pero a mellor noite para fotografala é entre o 13 e o 14 de decembro. O pico é o 14 de decembro ás 02:32 UTC con 120 meteoros por hora.

Neste momento a fase lunar é case de lúa chea, polo que as condicións non son moi boas. Aínda que sempre é unha boa escusa para gozar do ceo nocturno nos mellores puntos starlight de Costa da Morte.

Solsticio de inverno

Solsticio de inverno

21/12/2024 - 21/12/2024

O solstico de decembro prodúcese o día 21 de decembro ás 9:22 UTC. É o primeiro día de inverno no hemisferio norte.